23.4.09

pequenas paisaxes

o venres pasado, no casino de fene, asistimos á presentación de pequenas paisaxes, da nosa compañeira matilde castro.

o libro, publicado na colección libros da frouma, da librería compostelá follas novas, inclúe un medio cento de haikus escritos por matilde ao longo do curso 2006-2007 do noso obradoiro literario.

aquí tendes algunhas fotos do evento.

o alcalde de fene, iván puentes, contou a súa lectura do libro

e matilde leu algúns dos haikus

con acompañamento de guitarra


máis alá da calidade dos haikus de matilde, o acto foi emocionante sobre todo porque estivo feito dende o aprezo que todos lle temos.

como comprenderedes, todas as persoas que temos algo que ver co obradoiro estamos felices de poder compartir este momento con matilde.

noraboa a matilde e moito ánimo aos demais. é posíbel!!

2 comentários:

Bambú Blanco disse...

Estuvo fenomenal!!!! Enhorabuena a Matilde. El libro es precioso.

Un abrazo.

matrioska_verde disse...

Todavía no se me ha pasado la pena de no haberme enterado. Pero en fin, así son las cosas y así se las contamos.

!Enhorabuena a Matilde! Ella ya sabe que le deseo todo el éxito del mundo porque se lo merece.

Matilde escribe lo que siente y por eso llega a todo aquel que la escucha, más si es en directo.

biquiños,